domingo, 15 de maio de 2016

O informe Chilcot sobre a guerra ilegal de Irak // The Chilcot report about the illegal Iraq War #news #IraqWar #ChilcotReport #Aznar #Blair

Douglas and I analyse the news published about Scotland (UK) in the Spanish newspapers. The Chilcot Report publication has special importance for us. We explain why.

Alex Salmond reveals plan to put Tony Blair in the dock over Iraq War


O informe Chilcot sobre a ilegal guerra de Irak  vai ser finalmente publicado no mes de Xullo, despois do referendo sobre a permanencia de Reino Unido na UE, o mais coñecido referendum #Brexit. 

Para os que non recordedes, Aznar, Bush e Blair, xunto con Barroso, protagonizaron a posta en escea desta ilegal guerra de Irak coa famosa foto das Azores. Pero moitos sospeitaban que a maquinaria propagandística inventara toda unha serie de mentiras e excusas xa meses antes de que estes individuos decidisen levar a cabo esta guerra que costou a vida a miles e miles de civiles e tamén a militares e xornalistas que se viron implicados neste desastre humanitario do que agora estamos vendo as consecuencias. Nada mellorou en Oriente Medio, por contra, todo se complicou mais.

No Estado, mais do 91% dos cidadáns estivemos nas rúas decindo algo e claro: NON Á GUERRA.
Mais de 13.000 querellas se presentaron contra Aznar, algunha delas chegou a Corte Internacional, pero foi rexeitada por, entroutras razóns, os Tribunais non estaban preparados (no 2003-2004) para atender unha querella con cargos de agresión... 

As cousas poderían cambiar de demostrarse que Blair era coñecedor e partícipe dunha mentira... Alex Salmond sempre denunciou este detalle, explicando que foi en Texas, nunha visita previa en meses á guerra de Irak, cando Blair se comprometeu a apoiar a Bush. Aznar tamén visitou Texas... recordades o famoso "Estamos trabajando en ello" con sonoro acento mexicano?



Si Chilcot Report demostra, como parece, que isto foi así, Alex Salmond volverá a formar un grupo parlamentario para que Blair teña que acudir non só ao Parlamento británico, senón tamén ás Cortes Internacionais. Que poderá pasar en España entón con todo esta nova situación?

As declaracións de Alex Salmond esta semana marcan claramente que moita xente en Reino Unido está esperando ansiosamente saber o contido deste informe, para ver confirmadas moitas das sospeitas denunciadas durante todos estes anos. Asociacións de familiares de militares caidos en Irak, e veteranos de guerra, son os que mais presión levan exercendo en Reino Unido sobre este informe que leva mais de 6 anos de demora na súa publicación e costou mais de 7 millóns de libras ao erario público. Casi nada.

Hai mais; Blair pediu perdón e recoñeceu que a guerra de Irak foi un gran erro, e que moitos dos problemas actuais proviñan deste conflicto inventado na sombra. Aznar pola contra, síntese orgulloso de ter metido ao seu país, en contra do 91% dos cidadáns, neste conflicto (claro que eles, tan amigos dos eufemismos, o denominaron "misión humanitaria internacional).
Sexa como sexa, Bush, Blair e Aznar, e quizais o propio Barroso por cómplice, deberían ser levados a xuizo por crímenes de lesa humanidad. Millleiros de inocentes morreron, e na nosa mente nomes como José Couso nunca se van esquecer.





http://www.scotsman.com/news/politics/tony-blair-should-be-impeached-over-chilcot-alex-salmond-1-4124865

http://www.heraldscotland.com/news/14483580.Alex_Salmond_hopes_Chilcot_inquiry_will__impeach__Tony_Blair/?ref=twtrec

Full interview:


Ningún comentario:

Publicar un comentario