domingo, 29 de maio de 2016

O que non nos conta a prensa española do Brexit // What the #spanishpress is not telling about #Brexit & the #UK


O referendo do Brexit en Escocia ten tintes especiais pero non o veredes na prensa española.
Ata agora só teño visto unha referencia clara a Escocia e as características de Escocia: 

Neste artigo, que en esencia é bastante correcto, hai un dato fundamental: as promesas que lle fixeron a Escocia durante a campaña da independencia e os argumentos que se utilizaron para pedirlles que votaran en contra do Yes Scotland. 
Unha delas e que condicionou o voto de moitos escoceses foi a posibilidade de que Escocia non formase parte da UE, e para iso o Sr. Barroso e mesmo o Sr. Rajoy interferiron no debate escandalosamente insistindo que Escocia non podería formar parte da U, a pesares de que habia estudios xurídicos (escoeses e británicos) que aseguraban a integración de Escocia en Europa. 

Este dato é fundamental para entender as declaracións de Alex Salmond sobre a posible realización dun segundo referendo de independencia en Escocia, caso de que Escocia vote quedarse na UE e Inglaterra e o resto de Reino Unido vote marcharse da UE. Salmond avanza que se inclumpliría, unha vez mais o "Vow" sobre promesas feitas ao pobo escocés, o que provocaría, e así o vaticinan as enquisas, que os escoceses vexan xustificada unha nova consulta.  

Os ingleses son os proclives a irse e os escoceses sempre foron mais pro-europeistas.





Na prensa española, sen embargo, non veredes a campaña que as lideres do Scottish National Party, o Plaid Cymru e os Verdes están facendo man con man para defender dun xeito positivo a permanencia na UE. Por contra, o único que veredes son os argumentos a favor de irse e o interminable e abominable ‪#‎ProjectFear‬ para intentar convencer aos britanicos con argumentos de medo e terror; unha mera repetición da campaña que dende Westminster lanzaron como tolos durante a campaña do referendo de independencia en Escocia.


Na prensa española non veredes os argumentos a favor da permanencia nin escoitaredes falar do Wee BlEU Book que ten todas as claves e razóns de peso polas que o SNP e mesmo o Goberno escocés aposta contundentemente por Europa. Unha Europa que precisa de moitos cambios e na que Escocia promovería políticas mais xustas e mais igualitarias.



Video in English // Video en inglés
 


Video in Galician // Video en galego 
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario