
Ao puro
estilo 007, Cameron adopta agora o papel de salvar ao Imperio Británico dos malvados
separatistas nunha versión mellorada de “Desde Rusia con amor”… claro que en
internet isto se traduciu nun título mais resultón “Indyrefski”.
Os
xornalistas David Leask e Paul Hutcheon do Herald Scotland veñen de publicar unha escandalosa primicia: Cameron pediu axuda a Putin para parar o avance do “terrible”
Alex Salmond.

Sería xusto
preguntarse se “Her Majesty” (lembremos
que no White Paper o Goberno escocés opta por manter á monarquía nunha Escocia
independente) está informada do acontecido e se Cameron merecería ser preso e
xulgado por traición…
Outra das preguntas a facerse é si en todo este movemento tan cinematográfico tamén hai un oculto plan de devolver (sen previo aviso) aos escoceses a localidade de Berwick-upon-Tweed, sita na fronteira entre Inglaterra e Escocia, que permanecía oficialmente en guerra con Rusia dende 1853 (si, ao parecer no estaba incluída no Tratado de París, ainda que se recolleu no ano 1966 un xesto de boa fé)
http://kerchak.com/berwick-upon-twed-110-anos-en-guerra/

Conta a
noticia do Herald que membros da embaixada de Rusia non quixeron facer comentarios. Non me extraña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario