Pois xa está aquí, o White Paper ou
o que eu chamo Plan A ( de Alba gu
Brà).  
 O Goberno escocés, nas voces de
Alex Salmond e Nicola Sturgeon, ven de presentar  un proxecto cheo de esperanza para o futuro de
Escocia  e demostra que ten algo importante
que ofrecer aos escoceses. Propostas claras e concisas, sen ambaxes.

 Xa ninguén poderá  alegar que non hai suficiente información
sobre a posible independencia de Escocia, e se o fan, será porque non leron nin
o primeiro parágrafo deste documento de 670 páxinas  que explica amplamente qué consecuencia terá o
votar un SI o 18 de setembro de 2014.
 Pola outra banda, o plan B (de Better Together) ven de
quedar en evidencia e desarmado con esta presentación, xa o plan B é unha
indefinición dun proxecto, un  NON-proxecto, un NON debate e cada vez mais
asustados, optarán pola guerra suxa e se asentarán no inmovilismo ou o que é o
mesmo: na continuación das políticas de Westminter baseadas na austeridade, no
medo, nos recortes en servizos sociais, en educación universal,  na defensa da bedroom tax (imposto
dormitorio), no Trident, e finalmente, e por impotencia,  no ataque persoal a figuras importantes do
movemento independentista escocés.

Está dito, non hai mais decisión
que tomar : Plan A ou Plan B. Agora é cando se pon
interesante o debate, agora é cando se vai ter que cultivar (e moito) a
paciencia e a intelixencia,  xa que se
incrementará a campaña de manipulación e desinformación.  Agora, nesta fase, que é a definitiva, a BBC
e o resto da prensa unionista seguirán deixando claro a qué amos responde. 
A negativa de Cameron de debatir
con Alex Salmond, non é mais sinal de que o pánico á independencia escocesa
está invadindo ao Goberno de Westminster; mais o debate global,  tal e como me din en Escócia,  non se vai gañar en escenarios de televisión,
senón transmitindo unha mensaxe de esperanza, este precioso Plan A,  porta a porta, cidadán a cidadán. 
E para iso Yes Scotland,
Wings over Scotland, NewsnetScotland, BellaCaledonia, WeeGinger Dug, National
Collective, Business for Scotland e outros moitos,  continuarán
realizando tanto  nas rúas escocesas,  como nas redes sociais unha encomiable labor analizando
dia a dia cada pequeno detalle deste proceso. Boa sorte amig@s!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario