xoves, 27 de novembro de 2014

The National continues / The National continúa #indy #news #indynews



O xornal independentista The National, que esta semana estaba a editar cinco exemplares piloto, anuncia que continuará adiante. 
O éxito logrado xa só no primeiro dia no que esgotou en poucas horas os 50.000 exemplares en papel e vendeu 10.000 dixitais, obrigou ao equipo de Richard Walker duplicar a tirada.
Ao calor das deliberacións da Comisión Smith e coas eleccións xerais á volta da esquina, os escoceses van agradecer a presencia dun xornal como The National. Moita sorte (Good luck!)

http://www.theguardian.com/media/2014/nov/27/scotland-national-newspaper-here-to-stay 

Ningún comentario:

Publicar un comentario