Seguide con atención esta páxina de facebook. Eu apoio á nosa flota en Mauritania! 
NON AO PECHE DE RADIO EXTERIOR! 
O goberno de 
Rajoy vén de pechar Radio Exterior. As antenas, que dende os anos 70 
emitían o sinal de Radio Exterior para todo o mundo, foron desactivadas e
 comezan a ser desmanteladas. Moitos tripulantes e barcos galegos, que 
non tiñan posibilidade de conectarse ao satélite ou a internet no mar, 
tiñan nesta emisora de onda curta unha canle de información do que 
pasaba en terra.
O debuxante Luís Davila de Bueu retrata con humor a 
situación, aínda que o asunto é moi serio... Somos tripulantes e temos 
dereitos!!! 

Ningún comentario:
Publicar un comentario