domingo, 23 de marzo de 2014

MEDRA O APOIO AO #YESSCOTLAND #indyref

                 Segundo publica hoxe Scotland on Sunday, a última enquisa realizada por ICM amosa que o apoio ao YES segue medrando con pasos de xigante. Neste momento, o voto favorable acada o nivel mais alto dende o inicio do proceso e se situa a un 45%, namentres o voto contrario perde puntos e votantes, baixando a un 55%. 
                   A menos de 6 meses do 18 de setembro de 2014, dia no que Escocia vai decidir o seu futuro, todo pode pasar. Yes Scotland seguirá co seu espectacular despliegue por territorio escocés... Cabe preguntarse cal vai ser a estratexia do Better Together, cando as enquisas marcan claramente que o seu "Proxecto Medo" non está amedrentando aos potenciais votantes, mais ben os está cabreando, e moito.

http://www.scotsman.com/news/politics/top-stories/scottish-independence-new-poll-shows-yes-shift-1-3350563#.Uy6raTt8tH0.twitter




Ningún comentario:

Publicar un comentario