
As enquisas
que chegan de distintos medios fan sempre fincapé en que os maiores indecisos camiño
do referendo son as mulleres e Women for Independence
están realizando continuadas e múltiples actividades para chegar a todas e cada unha delas.
Son un
batallón e cada día súmanse mais, de todos os puntos do país, de todas as idades, mesmo distintas xeneracións dunha mesma familia de mulleres participan de maneira activa nas
campañas que levan a cabo.
Todas estas
organizacións que pertencen á plataforma Yes Scotland viven maioritariamente
de aportacións, os famosos Crowdfunding. Women for Independence iniciou hai
pouquiño tempo a súa propia campaña para financiarse e este é o link.
Carolyn
Leckie da voz a Women for Independence e aquí tendes
a entrevista que lle fixen o 21 de Setembro de 2013, durante o Rally for Scottish Independence
celebrado en Edimburgo:
Listen to the interview in English:
Listen to the interview in English:
Carolyn Leckie: Women for Independence
naceu porque as mulleres que defendemos a independencia tiñamos preocupación de
que a nosa voz non fose escoitada e incluída no debate; somos o 52 por cento da
poboación e se queremos que o si gane teñen que contar co voto feminino. Polo
tanto queríamos estar seguras de que tiñamos o noso espazo e queríamos tamén
cambiar un pouco o tono de debate tamén porque a independencia será gañara por xente
comprometida en conversacións iguais e xustas se queremos ter un país
igualitario e xusto.
Pregunta: O peso das mulleres é enorme mais como é a
situación da muller en Escocia actualmente?
Carolyn Leckie: Aínda moi desigual, pero as mulleres teñen
unha gran historia en Escocia collendo as rendas nas loitas pacifistas, resistencia
contra as guerras, loita polo voto, en folgas contra a suba de alugueres e
movemento anti-nuclear e se imos ser independentes as mulleres teñen que organizarse.
Carolyn Leckie: A maioría é para
informar, escoitando, formando parte de plataformas, tamén participando en
medios de comunicación e falando en conferencias. A nosa función é mais
coordinar e mover mais á xente que xa apoia o SI. Pero o que mais queremos
facer é escoitar á mulleres nas comunidades, postos de traballo, coñecemos á
xente, sabemos quen son os indecisos, porque a xente mais importante son as
mulleres que están indecisas.
Pregunta: Seguides a prensa estranxeira? Que
importancia ten para vós a cobertura internacional para Women for Indy?

Pregunta: Segura de gañar?
Carolyn Leckie: Sen dúbida. Penso que hai un traballo
fundamental que facer, hai xente que a
menos dun ano vista está xa comprometida co debate, pero a xente que eu coñezo
ou que eran votantes do non estanse movendo para o si, e iso dáme moita
confianza e sabes que cando falas coa xente estás abrindo unha porta aberta e
non atopei unha soa persoa que se movera do si ao non pero atopei moita xente
que se moveu do non ao si.
Podes seguilas en // You can follow them at:
@WomenForIndy
Ningún comentario:
Publicar un comentario