domingo, 10 de agosto de 2014

A unión monetaria nunha Escocia independente e o xogo perigoso dos partidos unionistas

Os partidos unionistas escoceses andan envoltos nunha campaña pueril e mesmo insultante, tratando de focalizar toda a atención nun ataque persoal a Alex Salmond e o seu (din) inexistente plan B sobre o uso da libra no caso de que Escocia consiga a súa independencia. Esta estratexia non é nova pero vense intensificando moito mais nas últimas semanas nun intento desesperado por desviar a atención ante os argumentos da campaña do Yes, que día a día vai gañando votos.

Os mesmos partidos unionistas obvian as conclusións e recomendacións da Comisión Fiscal,  que explica en documento oficial, e con todo luxo de detalles, todas as opcións que teria Escocia coas  distintas divisas: euro, libra, moeda propia etc...  Polo tanto, non hai un plan B, senón un C, D e E...

 A conclusión da Comisión Fiscal foi que a libra esterlina sería a mellor opción non só para Escocia, senón tamén para o resto do Reino Unido. O Gobernador do Banco de Inglaterra amosou hai meses o seu acordo a estas conclusións e a súa disposición a abrir negociacións con Escocia para definir esta unión, caso que Escocia acade a independencia. 

Ainda así, o propio lider dos Laboristas británicos, Ed Miliband, asegurou que vetará, de chegar a ser primeiro ministro británico, que Escocia poida usar a libra en independencia.

O Sunday Herald publica na súa portada de hoxe as declaracións exclusivas de Alex Salmond na asegura que os partidos unionistas pagarán un alto prezo por este kamikaze veto á unión monetaria. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario