martes, 26 de agosto de 2014

UN DEBATE IMPRESIONANTE #indyref #Scotland

Era o segundo debate, e un brillante Alex Salmond aproveitouno moi ben facendo unha apaixoada defensa dos servizos públicos e políticas de benestar social,  fronte ás consecuencias que teria voto negativo traendo mais recortes e políticas de austeridade impostas dende Westminster.
Tamén defendeu o seu permanente compromiso de apostar por un país sen armas nucleares de destrución masiva (Trident).E explicou con todo luxo de detalles as opcións sobre divisa que tería unha Escocia independente.


















Non houbo clemencia para un nervoso e tatexo Darling quen chegou a contadecir na estratexia de Better Together ao asegurar que Escocia si podería usar a libra. Durante case dous anos os unionistas veñen mantendo que Escocia non poderá usar a divisa esterlina, sendo mesmo criticados polos economistas que forman o grupo de traballo da Comisión Fiscal, nos que se atopan dous premios Nobel de economía.


O público tampouco tivo piedade con Darling (Laborista). O debate tiña lugar en Glasgow, feudo laborista que non perdoa a traición daqueles que dician defender á clase traballadora.

 

A pregunta da noite foi "Se estamos mellor xuntos, porqué non estamos agora xa mellor xuntos?"



O resultado do debate quedou reflictido na enquisa de The Guardian quen daba un 71% dos votos do público a Alex Salmond e un 29% a Alistair Darling. 



Alex Salmond facendo un alegato ao país que teñen que construir entre todos os partidos, organizacións e cidadáns e chamou a participación de tod@s no que xa ven sendo denominado #teamScotland; non esqueceu Salmond de lanzarlle invitación tamén a Alistair Darling a participar do mesmo. E con iso, o FM, gañou punto e partido. "Este é o noso tempo, o noso momento, aproveitémolo" Rematou Salmond. 



Mais se queredes, podedes ver o todo o debate e sacar as vosas propias conclusións:




Ningún comentario:

Publicar un comentario