luns, 9 de xuño de 2014

#100days2go : A importancia da amizade neste momento para Escocia

Unha das cousas que mais me leva enfadando dende que se convocou o referendo escocés é a cobertura do mesmo na prensa en xeral, facendo desaparecer ao que realmente é importante: o pobo de Escocia.
Falou a prensa do matrimonio Weir, que gañaron o premio dos Euromillóns e deron unha suculenta doazón á campaña do Yes Scotland, mais non explicaron de que todas esas doazóns son absolutamente legais e totalmente públicas (podemos falar da financiación legal por estas terras... case igual, verdade?)

Presentáronos os amorío político entre Cameron e Rajoy, Tory e PP, e o seu obxetivo común de derrotar aos malvados seguidores do terrible Alex Salmond (mirade qué malos son todos aqueles que defenden políticas distintas ás que destrúen  o sistema de benestar e os dereitos dos pobos, verdade?)
Esa estratexia do Better Together de presentar a Alex Salmond como cabeza do Yes Scotland, é enfermiza e irrespectuosa con todo o movemento escocés polo YES á independencia.

Porque claro, ata o de agora non falaron, nin mentaron sequera, que é o Yes Scotland nen que está a facer; esta enorme e plural campaña cidadá de base,  está en cada currunchiño do país, falando con todo o mundo, con cada un d@s cidadáns escoceses.  Organizan centos de actividades; os Super-Sábados por exemplo, son convocatorias de voluntarios para facer traballo informativo.

Fora da capital, Edinburgh, onde apenas se ve movemento durante a semana, o debate está nas rúas, e nos pubs! @s escoceses, tan reacios a falar das súas inclinacións políticas fan coma que non vai con eles, non lles interesa... ata que empezamos a preguntar e voilà! Aqui saen as diferentes versións do proceso: os que están a favor e os que están en contra, e os que levan tempo sendo e continuarán a ser os grandes protagonistas nestes 3 meses que quedan por diante: @s indecis@s.
 
Tod@s sentados ao redor dunha mesa e intercambiando opinións de forma pacífica e respectuosa. Aclaráranse dúbidas, fálase e critícase o terrible que resulta ter que pagar a licencia para ver unha BBC que é defende escandalosamente o lado unionista. O cabreo é monumental, e non é de estranar, pagar para que che conten mentiras e tenten manipularte tan á vista non é precisamente agradable. O futuro da BBC é outro das conversas estrela: moitos optarían por botalos a patadas de gañar o si... dialécticamente falando, por suposto (ou non...)

Aquí tendes unha visión totalmente imparcial sobre a credibilidade da BBC, dos analistas de BBC Scotlandshire:
http://www.bbc.scotlandshire.co.uk/index.php/city-news/758-bbc-scotlandshire-gives-the-leveson-right-to-reply-to-a-complainant.html



Curiosamente, moitos d@s indecisos cos que falamos, argumentaban que os seus amigos de Inglaterra lles pedían que por favor non os deixaran sós... Curiosa chantaxe emocional, que en moitos casos resultaria moi efectiva, a non ser porque no movemento Yes Scotland, e sobre todo nos lugares pequenos, hai moitos emigrantes ingleses vivindo en Escocia involucrados no YES á independencia; algúns deles nos explicaban o seu soporte a esta grande campaña de base, e nos explicaban que de conseguir Escocia a independencia, Londres vai ter que mudar as súas politicas, e que iso vai beneficiar tanto á sociedade inglesa como á galesa e mesmo á norirlandesa para ben.

Unha das cousas que nos dicían con insistencia é o importante que é para eles o apoio internacional. Levan meses bombardeados con ameazas de lideres ou pseudo líderes políticos conservadores e os Proxecto Medo, sobre a pertenza ou non de Escocia á UE, ou con mais chantaxe emocional sobre o grande aliado que ten sido ata agora o Reino Unido; saber e coñecer da presenza e apoio de amig@s no exterior, anímalles a tomar unha decisión sen medo, a presenza de mensaxes a favor da independencia dende países de todo o mundo, é un estímulo que non ten prezo.

Escocia nunca estivo, nin nunca quixo estar separada do mundo; é mais, coma nós, @s escoceses están en todas partes, e se integran con total normalidade alá onde lles toca vivir. Escocia e @s escoceses precisan recibir de nós ese apoio que contrarreste ao "proxecto medo" dos poderes do Imperio, para poderen tomar unha decisión en sen presións, sabendo, que ainda que voten YES, alí estarán @s seus amig@s no exterior clamando respeto ao seu proceso e o cumplimento ao Edinburgh Agreement. Estou segura de que moit@s destes amig@s no exterior estarian dispostos a levar a ONU calquera infracción antidemocrática que os tramposos de Westminster tenteran levar a cabo. Pois veña! Xa sabedes! Animádevos a amosar a vosa solidariedade. Animádevos a mandar as vosas fotos e as vosas mensaxes de apoio: www.solidaritywithscotland.com
solidaritywithscotland@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario