Xa van alá dous meses dende que Paul Kavanagh dende Glasgow e eu mesma botamos a andar a campaña internacional “Solidarity with Scotland”.
Tanto Paul, grande coñecedor da
realidade española e amante dos pobos celtas, coma min, tiñamos clara a relevancia das linguas, e fixemos
un chamado para traducir o seu artigo explicando a campaña a cantas mais
posibles. En menos dun mes enchemos a nosa páxina web con mais 15 idiomas tanto coas razóns da campaña, coma cós
modelos de cartas para as embaixadas británicas. Todo froito do traballo voluntario.
Mil grazas a tod@s!
Agora tócavos a tod@s vos, a
campaña está dirixida a tod@s escoceses que viven no exterior, e tamén a tod@s
@s amig@s de Escocia que cren que o voto YES é sen dúbida a mellor opción. A
campaña está tamén nas redes sociais. Toda a información a podedes atopar en www.solidaritywithscotland.com

O Goberno de Madrid, leva
interferindo no proceso escocés dende antes de que o referendo fose convocado.
Rajoy e Cameron escenificaron un apoio mutuo nas súas campañas contra os
procesos de independencia en Europa. A maquinaria dos imperios contra os pobos
está en marcha e se prestades atención, veredes que os discursos dende Londres
e dende Madrid son copias case exactas.
Esta estratexia, esténdese aos
medios de comunicación onde non veredes unha soa noticia na prensa española
falando da campaña do YES á independencia escocesa; todo é malo, todo é unha
tolemia do SNP e Alex Salmond. A realidade é que existe unha enorme campaña de
base composta por a moz@s, mulleres, vellos, laboristas, verdes, nacionalistas,
granxeiros, taxistas, artistas... deles,
do pobo, d@s realmente importantes neste proceso, non queren informar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario